Ofrendas

Aínda que nunca o fixen -e iso que o Deportivo gañou unha Liga e dúas copas do Rei estando eu presente-, podo entender que cando un equipo gaña unha competición importante os seus siareiros saian á rua a festexalo. Mellor aínda se na celebración están tamén os xogadores. O que se sempre se me fixo difícil de comprender son os ofrecementos do trofeo conquistado ás autoridades de turno e, xa non digamos, á Virxe ou santo do lugar. Vin un día destes nun informativo que o Real Madrid gañou a copa do Rei de baloncesto e que lle foi ofrecer o título á Comunidade e ao Concello de Madrid. Non sería moito acto institucional? Así, por semana e ao mediodía... Nada oín da Virxe da Almudena. Descoñezo se é que o club o deixa para máis adiante ou que, directamente,  non pensa ir, o que sería un detalle. Esperemos que non comecen a aparecer contestacións de intransixentes, como ven de acontecer en Xixón despois de que o novo adestrador do Sporting, Rubí, non lle permitise ao capelán o acceso ao vestiario para rezar antes do partido como, ao parecer, se viña facendo desde hai vinte anos.
 

Ofrendas

Te puede interesar