O tempo dirá

onte mesmo puidemos ler nas páxinas de Galicia do noso Diario, parte do manifestado por Núñez Feijoo na rolda de prensa posterior á reunión do goberno galego. Declaraba o presidente que, na súa opinión, Vox non ten caladeiro en Galicia, porque aquí é innecesario defender as súas propostas. Pois xa están ben defendidas polo PP, que é  o que tamén creo eu. As coincidencias entre ambas as formacións parecen lóxicas, máxime se temos en conta que Vox naceu entre exmilitantes do PP para atender, segundo dicían os fundadores, ás demandas dos desencantados dunha política plagada de escándalos de corrupción e ao servizo de intrereses particulares e clientelares. Lembremos que Vidal-Quadras, marchou do PP, por falta de democracia interna, dicía, para incorporarse a Vox, do que tamén acabaría marchando porque non coincidía coa súa idea de achegamento a C’s e UPyD. Idea lóxica se temos en conta que viñan sendo formacións moi parecidas, case intercambiables. Que non significa que todos os dirixentes e toda a militancia deses partidos da dereita pensen exactamente o mesmo sobre todo

O tempo dirá

Te puede interesar