O relativo das cifras

Non coincido practicamente en nada con Matteo Salvini, e menos aínda coa ideoloxía da forza política á que pertence, o que necesariamente non  implica que non poida ver o moito de verdade que teñen algunhas das súas declaracións, como as efectuadas cando o derrube da ponte de Xénova, sinalando que os límites de gasto impostos pola UE puxeron vidas en risco, que os recortes matan. O director xeral de Tráfico acaba de anunciarnos a súa intención de conseguir unha reforma da lei de seguridade vial que fixe en 90 km/h a velocidade máxima nas estradas convencionais. A rebaixa xustifícaa en base ao aumento nun 15% do número de persoas falecidas nos meses de verán con relación ao ano pasado e no feito de que ao redor do 76% dos accidentes con vítimas mortais teña ocorrido en estradas convencionais e fose motivada,  nunha boa parte dos casos, pola velocidade excesiva. Argumentos sólidos, sen dúbida. Para meditar. O que xa non me parece nin sólido nin serio é a súa negativa a lle botar culpa ningunha a un “posible mal estado de conservación” -así o expresou- das estradas. E ese, para min, pésimo estado é froito evidente da obrigada contención do gasto público. Ergo... 
 

O relativo das cifras

Te puede interesar