Música

Amúsica estivo conscientemente presente na miña vida desde que teño recordos. Non me vexo vivindo sen ela. Abondas das miñas lembranzas -boas, malas ou regulares- están na miña mente asociadas a candansúa melodía. A cotío escoito música, en boa parte non escollida por min -na televisión, na radio, en locais públicos-, e percibo como moitas das cancións me levan a evocar momentos concretos. É por iso que nunca puiden estudar nin traballar con ningún tipo de música de fondo. A miña cabeza deixa axiña de se centrar onde ten que facelo e vaise por outros territorios. Ler determinadas textos ou mecanografar algo que non me esixa excesiva concentración xa é outra historia. Gusto tamén de cantar -aínda que agora non poida facelo ben- e nunca perdín a esperanza de chegar a tocar algún instrumento. E parece que, por fin, chegou o momento. Desde o mes de outubro vou unha hora á semana a clase de ukelele e debo dicir que un chisquiño xa aprendín, xa sei o que é unha branca, unha redonda ou unha corchea. Non hai como ter un bo mestre, neste caso o excelente guitarrista Luis Tinaquero.

Música

Te puede interesar