Mundo ruín

é notorio que o pesqueiro valencián “Nuestra Madre Loreto”, de Santa Pola, hai unha semana, mentres faenaba no Mediterráneo, bateu cunha embarcación que pedía axuda. O capitán cumpriu coa súa obriga -albisco que tamén a ética- de prestar auxilio a quen se atope en perigo e subiu a bordo unha ducia de persoas de diferentes nacionalidades, case outras tantas como a tripulación. Mais, como sabemos por casos anteriores, a Lei –o Convenio Internacional de Salvamento Marítimo– obriga ao rescate e o resto xa se verá. Os barcos rescatadores non teñen o dereito a entrar en porto. Vaia canto á solidariedade! Van aló sete días e o capitán non ten a onde ir. A lexislación fala de portos seguros próximos. Xa que logo, neste caso sería un de Libia. Mais non deixemos de lado que se consideran portos seguros aqueles aos que se pode acceder sen perigo, nin físico nin político. Serano, pois, os portos libios? O goberno español manifesta que si, mais os náufragos entenden o contrario. Preferen morrer antes de desembarcar alí. Vaia marrón o do capitan Durá. Obrígannos a non ser bos.

Mundo ruín

Te puede interesar