Máscara fóra!

Máscara fora! é o título co que, en xuño de 1971, viu a luz, da man de Edicións Castrelos, na súa popularísima colección O Moucho, o coñecido romance de Manuel Pardo de Andrade Os rogos d’un gallego establecido en Londres, dedicados os seus paysanos para abrirlles os ollos sobre certas iñorancias, e o demais que vera o curioso lector publicado, de xeito anónimo, na Coruña en 1913. O texto, é certo, non reúne grandes valores literarios, mais si é verdade que os ten de sobrado interese sociopolítico, alén de humorísticos.

Se cadra porque acaba de rematar o entroido é polo que, cal fotográfico flash, me veu á cabeza cando escoitei os argumentos das tres patas da dereita para non participar activamente nas mobilizacións de hoxe en defensa da igualdade. Dicir, de tres formas diferentes –que no fondo é a mesma, ou parecida– que as convocatorias están politizadas non pasa de ser a escusa que precisan para enmascarar os seus posicionamentos reais perante as diferentes demandas das mulleres en aras de non perder nas vindeiras eleccións o voto feminino que se lles iría se manifestasen abertamente o que pensan das cuestións que se reivindican. O éxito da convocatoria obrigaraos a reflexionar.

Máscara fóra!

Te puede interesar