Marear a perdiz

eño manifestado en máis dunha ocasión nesta columna que nunca simpaticei con Podemos e que, consecuentemente, nunca votei nin teño votado esa organización política. E, visto o que se está a ver, estou convencido de que non errei tomando esa decisión, que, ou mudan moito as cousas, será a que siga mantendo en próximas convocatorias electorais. Así mesmo, teño expresado que non gusto en absoluto de gobernos que contan con maioría absoluta parlamentar, xa que a historia nos demostra que as peores tropelías que se cometeron na España da chamada trancisición viñeron da man de gobernos que gozaron de maioría absoluta: Felipe González, José Mª Aznar e Mariano Rajoy. Considero moito máis positivos os executivos que teñen que gobernar a sabendas de que as mesmas persoas e grupos políticos que te votaron te poden botar en calquera momento. Iso obriga, xa que logo, a facer política de pactos, que poden ser puntuais ou de lexislatura. Neste sentido –e xa me teño referido tamén a iso– entendo que un exemplo a seguir é o que leva uns anos funcionando en Portugal dun xeito que considero altamente satisfactorio. O resto parécenme caprichos de rizar o rizo. 

Marear a perdiz

Te puede interesar