Malos pasos

Non podo precisar nin onde nin cando foi -só sei dicir que hai unha morea anos- que me ensinaron que un dos usos das comiñas ou aspas é o de indicar que se están reproducindo palabras ou frases ditas exactamente por alguén. Reparei nisto dos usos onte mesmo, mentres lía o acontecido na sesión de control ao Goberno no Parlamento de Galicia. A información, titular incluído, procedente da axencia privada Europa Press, estaba inzada de palabras e frases entre comiñas en español, polo que, obviamente, vulneraban a regra, isto é, non transcribían literalmente o dito polos participantes no debate parlamentario. É sabido que o idioma utilizado no noso Parlamento -mesmo sexa de xeito ritual- é o galego. Preocupado polo tema, ao que ultimamente non lle dedicaba moita atención, procurei noticias procedentes doutras axencias e si atopei que daban a noticia en español e transcribían en galego as palabras dos parlamentarios. Como ten que ser. Moi preocupante tamén o ton de prepotencia empregado polo presidente dirixíndose ao señor Villares “probabelmente cando vostede non sexa deputado eu seguirei sendo presidente da Xunta se os galegos queren, podo asegurarllo”. Esquecer que non hai imprescindibles...
 

Malos pasos

Te puede interesar