Máis un bo que nos deixa

or unha mensaxe de WhatsApp, que o sempre atento profesor Alberto Pombo me enviou a primeiras horas da mañá de antonte, recibín a triste nova da morte de Manuel Álvarez Torneiro. Sei que 87 anos ben enchen unha vida, mais iso nada lle resta á dose de dor que nos invade cando desaparece alguén con que compartimos algo importante na vida. E eu con Torneiro desfrutei de moitos momentos de lecturas poéticas, de encontros en múltiples e diferentes actividades culturais, de horas de amicais conversas...
Memoria dun silencio (1982), aparecido naquelas Ediciós do Castro –hoxe desaparecidas pola incuria dos tendeiros– que lle prestaron un impagable servizo á nosa nazón e ao seu idioma, deunos a coñecer un poeta de nós que contaba xa con medio século de vida e que, 30 anos despois,  había acadar o Premio Nacional de Poesía 2013 con Os ángulos da brasa. A primeira vez que un libro de versos en galego conseguía o importante premio que outorga o Ministerio de Cultura.
Segundo lle escoitei dicir aos seus achegados, deixouse morrer. Sen dúbida para non molestar a xente querida, na liña da afabilidade que caracterizou a súa vida. Benzóns, Manolo.

Máis un bo que nos deixa

Te puede interesar