Lembranza da chegada da II República

as elecciones del domingo / Una fecha transcendental para la Historia / España se manifiesta antimonárquica” é o titular de primeira plana co que, o 14 de abril de 1931, tal día como hoxe de hai 88 anos, o diario ferrolán El Correo Gallego daba conta do triunfo das forzas políticas republicanas nas eleccións municipais que tiveran lugar dous días antes, o domingo 12 de abril. Como é ben coñecido, na nosa cidade a conxunción republicano-socialista conseguira unha folgada vitoria nos seis distritos electorais para conformar unha corporación municipal de 13 edís socialistas, 13 republicanos e 7 monárquicos. O propio día 14 Ferrol proclamou a República e a Alcaldía sacou, asinado por Jaime Quintanilla como alcalde provisional, o seguinte bando “Hago saber: que constituído el Ayuntamiento legítimo de la República española en esta ciudad invita al vecindario a que manifieste su júbilo por la proclamación de la nueva forma de gobierno que ha de garantizar de manera firme el respeto a las personas y a los derechos ciudadanos conculcados hasta hoy por los hombres de la monarquía española. Una nueva era comienza hoy en nuestra Patria.... ¡Viva España! ¡Viva la República para que viva España!”. A proclamación da República festexouse debidamente nas rúas  ao que contribuiu o tempo primaveral, que tamén se quixo sumar á alegría e a dar esplendor aos actos. Un dos feitos destacados na información da manifestación é o “momento de emoción” que se produciu ao seu paso por diante do número 161 da rúa Magdalena, o da vivenda do veterano -a piques de cumprir 80 anos- médico e líder do republicanismo ferrolano D. Santiago de la Iglesia, que estaba asomado nun balcón. Dicía o reporteiro que “El veterano apóstol de la Democracia lloraba como un niño, emocionadísimo al escuchar ‘La Marsellesa’ y los vítores que el pueblo en masa le rendía”. Morrería oito meses despois. Curiosamente, a cuarta páxina do diario ferrolán ocupábaa un anuncio de Calzados Senra. Como é sabido, o importante fabricante de zapatos radicado na Coruña era un vello republicano galeguista. Ese día foi nomeado gobernador civil. Tres días despois, o 17 de abril, o pleno elixiuno  por aclamación alcalde coruñés. Os novos edís reunidos no concello nomearan alcalde provisional a un tamén vello e coñecido republicano, o farmacéutico Antonio Lens Viera. E o que son as cousas. O azar levoume a establecer a miña actual residencia nunha rúa que leva o nome do popular empresario establecido na Coruña. 

Lembranza da chegada da II República

Te puede interesar