Intromisións?

Verdadeiramente, acredito pouco na xustiza. Talvez porque me fixen home nunha cruel ditadura e vin como á morte do ditador continuaron iguais, ou case, as estruturas xudiciais daquela. Aprendín, iso si, que as leis -todas- están para cumprilas. E así debería ser. Lembro isto cada quince días, cando, camiño de Riazor para ver o Deportivo, paso por Fernando Macías e vexo, tal cal, o edificio onde estivo Fenosa, cando hai sentencias de demolición parcial en firme. Que é o que pasa?
Se cadra, se non estivésemos tan afeitos a escoitar os nosos mandamais dicir que as decisións xudiciais, gusten menos ou máis, hai que acatalas e que eles non se meten en nada, non me terían chamado tanto a atención as declaracións do ministro Catalá sobre un dos xuíces que ditaron a sentenza do caso de violación da autodenominada “La Manada”. Non tanto polo do “problema singular”, que tamén, senón polo de que “el Consejo General del Poder Judicial no haya ejercido su potestad disciplinaria contra él”. Sooume moito a iso tan pouco desexable como é a inxerencia do poder executivo no xudicial que só merece un coherente cese. 
 

Intromisións?

Te puede interesar