IGUAIS?

Sabido é que o artigo 14 da Constitución Española, na tradución oficial ó galego, di que “Os españois son iguais ante a lei, sen que poida prevalecer discriminación ningunha por razón de nacemento, raza, sexo, relixión, opinión ou calquera outra condición ou circunstancia persoal ou social”, texto que convén ter presente para poder entender mellor todo o que está acontecendo ó redor da imputación da infanta e duquesa de Palma Cristina de Borbón no caso Noós. Así como o rei nunca podería verse nesta situación, pola inviolabilidade que a Constitución sanciona (art. 56.3), os outros membros da familia real son “iguais” ante a lei que o conxunto dos españois. Cando menos a priori. Mais a posteriori...? A actuación do fiscal Horrach –que case semella máis un avogado defensor– dá moito que pensar. Ou xa ten actuado deste modo en casos anteriores? Non obstante, non sería de estrañar que puidese haber consellos (ou mesmo presións) que nunca se van producir en casos de “españolitos/as” de a pé.

 

IGUAIS?

Te puede interesar