Foise embora

Hoxe podería ser un grande día, acorde coa letra da vella canción de Serrat, porque poñer fin á etapa presidencial de Mariano Rajoy, a eses, para min absolutamente nefastos e mediocres, seis anos e medio de goberno que se iniciaron cando xurou o cargo o 21 de decembro de 2011, ten que ser motivo, senón de desbordante alegría, cando menos de alivio. Un pesadelo menos, abofé, non ter que ver a todas as horas o rostro de don Mariano, nin as súas ridículas camiñadas nos seus tempos de asueto.
Redacto estas liñas xusto despois de ver e escoitar na TVE1 a intervención do portavoz do PNV adiantando o voto favorable do seu grupo á moción de censura, cando o señor Rajoy aínda ten tempo para dimitir abortando o proceso censor.
Como non é presumible que o faga, se conserva un micrón de dignidade, hoxe debe comezar unha nova etapa da que, polo que vin e ouvín no parlamento, non agardo apenas nada máis aló de ter botado o PP, que era, iso si, deber ineludible. Porque supoño superadas sorpresas tipo “tamayazo” ou similares.
 

Foise embora

Te puede interesar