Facendo quinquenios

Aínda falta máis de medio ano para as eleccións municipais. Non obstante, o pasado domingo xa puidemos ler no noso Diario que o Partido Popular de Ferrol reelixira –con máis do 99% dos votos, nada menos– a José Manuel Rey Varela como presidente local, cargo no que ocupa desde hai xa dez anos. Rey Varela, que leva 16 anos ininterrompidos en cargos políticos, aproveitou o acto para lle solicitar a Núñez Feijóo, que acudiu a Ferrol para respaldalo, que o designase formalmente candidato á alcaldía, cousa que fixo. Poñerase, pois, con certeza, nos vinte anos de político profesional. Reparen, media vida laboral. Xa temos, pois, candidato a 7 ou 8 meses vista. Pero non vai ser o único que repita, tripita, cuatripita... como cabeza de lista, no PP, ou  noutras organizacións, algo, na miña opinión nada positivo. Non vou dicir que catro anos e logo cadaquén que volva ao seu traballo, como fai a CUP, mais entendo que si sería moi bo, por hixiene democrática, que ninguén ostentase un cargo público máis aló de oito anos.
 

Facendo quinquenios

Te puede interesar