(Es)tache moi bonita a cousa

Que Sergio Ramos, que ten sona de ter escasa formación cultural, manifestase, ao final do partido Real Madrid-Sevilla do pasado sábado, que había tempo que non se vía un testarazo dese nivel, en alusión ao gol marcado co pé polo seu compañeiro Casemiro, non acadaría maior importancia se alguén non tivese metido polo medio á Academia Española. Quedaría nunha metedura de zoca lingüística máis das que diariamente escoitamos na rúa ou nos medios de comunicación.
 Algo esperable cando o “Barómetro de Hábitos de lectura e compra de libros” de 2018 nos di que un 38,2% dos españois non le nunca ou case nunca. Testarazo é unha palabra da familia léxica de testa, vocábulo que, co significado de cabeza, cráneo, se introducíu no español no s. XVI procendente do italiano. Xa que logo, un golpe de balón co pé no pode ser un testarazo. Non obstante, alguén da Academia, quero pensar que co ánimo de botar balóns fóra, respondeu que era válido o uso de testarazo co sentido de golpe forte, malia que no fútbol o normal era usalo para se referir ao remate de cabeza. E liouna. Mal asunto ceder a presións.

(Es)tache moi bonita a cousa

Te puede interesar