Diálogo

entender as razóns dos outros é un paso primordial para poder dialogar serenamente. Sempre o entendín así e dese modo quixen actuar. Mais -recoñézoo- non sempre o conseguín. Falloume a incapacidade de me poñer no sitio da outra parte. A nosa sociedade semella non valorar como debese esta fermosa palabra que, é sabido, nos chegou do grego (διάλογος) a través do latín, e que non vén sendo outra cousa que intercambio de palabras: δια- + λόγος, a través da palabra, textualmente. Pero para que se produza un auténtico diálogo, as partes teñen que interactuar, xa que se for doutro xeito teriamos outra cousa. Xa unha suma de monólogos ou soliloquios, onde cadaquén di o que lle peta, independentemente do dito polo outro ou outras falantes,  xa un diálogo de besugos -e se aparece “y tú más”, xa nin lles conto-, dito sen ánimo de ofender, naturalmente, tan común entre determinada clase política. Elemento fundamental nos casos de discordia é non perder a calma. Se é que se quere tentar resolvela de xeito pacífico, por medio da palabra do logos. E evitar, naturalmente, falar de rendicións, de baixadas de pantalóns, de represión ou similares.
 

Diálogo

Te puede interesar