Desacougo deportivo

scribo estas liñas pouco antes de arrancar cara A Riazor para ver o partido do Deportivo co Santander. É a primeira vez –e iso que esta tempada, acabe como acabe, é desas para esquecer–  nos xa longos anos que levo de abonado, que acudo ao campo con mal corpo, descorazonado, mesmo indolente. E non é nin pola pésima climatoloxía, que pode convidar a iso, nin porque perdera nin unha das esperanzas de salvación que teño desde o primeiro día en que se comezou a falar da posibilidade seria de descenso. 
Sigo pensando que iso nin vai acontecer agora, nin ía suceder se Anquela ou Luís César tivesen tido continuidade. Ambos cesaron no xusto momento en que o equipo permitía albiscar mostras de cambio de rumbo, ilusión que non se puido materializar. 
A miña indolencia vén motivada polo mal ambiente que intencionadamente se veu xerando para chegar a onde estamos. Hoxe é o primeiro partido ao que vou acudir cando o clube xa está a piques de se converter nun máis deses que son propiedade de calquera a quen o que menos lle interesa é o fútbol. A hora de lle dicir adeus a esa especifidade que distinguía o noso Dépor. E que non nos veñan con contos manipuladores.

Desacougo deportivo

Te puede interesar