De xustiza

s 5 da mañá de tal día como hoxe de hai 110 anos, na planta baixa da casa número 51 da ferrolá rúa de San Francisco, naceu un neno, fillo primoxénito do casal formado por Gabriel Ricardo Carballo e María Dolores Calero, ao que inscribiron e batizaron cos nomes Ricardo, Leopoldo, Ángel, José, Gerardo. O prestixio que, desde que case era un neno, foi acadando co transcorrer dos anos chegou a convertelo nunha das figuras máis relevantes do panorama literario, cultural e educativo da Galicia contemporánea. Como é sabido, iniciouse na literatura en publicacións locais, nomeadamente El Correo Gallego, cando cursaba o bacharelato. Xa nos seus anos universitarios, colaborou nas publicacións galegas máis importantes, ao tempo que foi moi bo estudante e membro moi activo do sindicalismo estudantil na F.U.E., sen esquecermos a súa vinculación xenerosa e constante co Seminario de Estudos Galegos. As duras circunstancias vitais que lle tocou padecer como perdedor da guerra non lle impediron, finalmente, acadar o seu soño de se converter algún día en catedrático da Universidade de Santiago, onde se xubilaría en 1980. Non sen tempo, a Real Academia Galega dedicoulle o Día das Letras 2020, distinción que, entendo, debería continuar no próximo ano.

De xustiza

Te puede interesar