Curiosidades

Como adoito facer todas as mañás, onte estaba mollando galletas no meu café con leite, ao tempo que lía o noso Diario de Ferrol, cando, nos “breves” da sección de “sociedade” batín con este titular “Trueba muestra su decepción con el supuesto boicot a su nueva película, La reina de España. Cando lin a noticia fiquei pampo de todo. Como é posible tentar boicotear un filme porque o seu director manifestara que non se sentira español nin cinco minutos da súa vida? Xa recuperado, pensei:  que entenderán por ser español os supostos boicoteadores? Fixar a residencia en paraísos fiscais para non pagar os impostos que pagamos case todos como fan –ou fixeron– moitos deportistas? Branquear diñeiros públicos como fixeron algunhas cantantes? Ter cartos en paraísos fiscais como algúns actores ou directores? Por citar só casos do mundo do espectáculo. Pois a eses as masas van aplaudirlles como se tal cousa, como se os seus comportamentos non afectasen aos nosos petos, algo que non acontece declarando non sentirse español.

 

 

Curiosidades

Te puede interesar