Crenzas

upoño que, coma min, coñecerán persoas que cando ven unha cámara só pensan onde se colocar para mellor capitalizar as imaxes. Niso pensaba hai uns días vendo as da da recepción real ao corpo diplomático acreditado en España, co arcebispo filipino Bernardito Auza no medio e medio da primeira fila, fronte os reis. “A igrexa non perde unha”, dicíame, porque así o vexo, mais, neste caso, non se trataba só de interesada ubicación senón de estar no lugar reservado ao decano do corpo diplomático, posto que en España hai tempo que corresponde ao nuncio apostólico, realidade que descoñecía. 
Non me colle na cabeza, pero é así, e paréceme que habería que pensar en cambialo, por moi limitadas que sexan as súas funcións. A relixión, a que for, sempre á marxe. Debe circunscribirse ao ámbito dos seus practicantes, que deben ter toda a liberdade para facelo.
Paréceme gravísimo o que está a acontecer en Francia ao redor dunha escolar adolescente á que, no transcurso dunha discusión nas redes sociais, se lle ocorreu dicir que odiaba a relixión, que no Corán só hai odio e que o islam é unha merda. 
Eu non lle vexo problema ninguún, como se o dixese de calquera outra relixión. Mais xa ven, ameazada mesmo de morte.

Crenzas

Te puede interesar