Convivencia

O outro día escoitei o discurso do rei, algo que había ben anos que non facía. De feito foi o primeiro que lle escoitei a este monarca. Con anterioridade tiña escoitado algún, tanto de Juan Carlos I como do seu antecesor Francisco Franco, que os facía por fin de ano. Despois de oílos, sempre concluín que non tiveran maior interese. Otro tanto me ocorreu co do pasado día 24. Inclusive algunhas cousas soáronme a coñecidas de vello. Púxenme a indagar e algunhas semellanzas atopei nos discursos do rei emérito de 2013 e do ditador de 1973. Apelos á unidade para superar diferenzas, controversias e momentos difíciles.

Felipe VI incidiu bastante na necesidade de asegurar a convivencia, termo que os dicionarios definen como acción de convivir, isto é, vivir en compañía doutro ou outras. A cuestión é que a convivencia pode ser boa, mala, regular, pésima, óptima, pacífica, tranquila, insoportable, dura... E aquí hai que preguntarse se é desexable unha pésima convivencia. Para conseguir unha boa precísase diálogo, entendemento, solidariedade e, ademais, sobran imposicións.

Convivencia

Te puede interesar