Contradición

aréceme que todos os seres humanos levamos connosco a contradición, xa que me resulta difícil imaxinar alguén que en diferentes circunstancias da vida non sexa contraditorio. Desde logo que nunca coñecín ninguén. E, dado que non somos máquinas, penso que ata non é mala cousa sérrmolo ás veces. Cousa ben diferente e, por suposto, negativa, é a contradición permanente. O que xa non semella ser boa cousa é a discordancia nos textos legais, presente, por desgraza, con bastante maior frecuencia do que sería desexable.
Que unha lei fale de que hai que fomentar o uso dun idioma é absolutamente contraditorio con que logo non se valore adecuadamente o seu coñecemento á hora de acceder a un posto de traballo na administración pública. É o que acaba de acontecer hai un par de días en Navarra cando o seu Tribunal Superior de Xustiza anulou a obriga de que o euskera sexa considerado un mérito para ocupar prazas na administración nas zonas non vascófona e mixta. Entendo que iso supón que se considera que o coñecemento de idiomas non ten valor ningún. Penso que si o ten. A min xa me gustaría saber euskera aínda que non fose máis que para ler o grande Bernardo Atga en idioma orixinal.

Contradición

Te puede interesar