Bochornoso espectáculo

Desde hai anos, veño reparando na progresiva perda de elementais normas de conduta. Padecemos o andazo da mala educación. Un exemplo ben clariño témolo no acontecido hai tres días no Congreso durante a sesión de arranque da XIII Lexislatura. Como é sabido, algúns deputados e deputadas utilizaron fórmulas de acatamento da Constitución que non gustaron a unha parte dos parlamentarios, mesmo a aqueles que tamén se saíron do formulario habitual do “si xuro” ou “si prometo”. A xurisprudencia recoñece a validez das fórmulas sempre que estas non limiten o preceptivo acatamento. Se algúns grupos tiñan sospeitas de que algunha das fórmulas empregadas non era clara a este respecto tiña o dereito -como así o exerceron- de presentar  o correspondente escrito reclamatorio. O que en ningún caso pode estar contemplado é o dereito aos berros, aos pataleos ou a calquera outra clase de insulto ou alboroto. Non se pode perder de vista que absolutamente todos e todas as deputadas foron eleitas pola xente que votou e, en consecuencia, non resulta doado de entender que se poida permitir elixir alguén a quen acto seguido se vai privar dos seus dereitos parlamentarios.

Bochornoso espectáculo

Te puede interesar