Ambigüidades medrosas

ase que desde que apareceu esta peste da Covid-19 viñemos escoitando, con maior ou menor sonoridade –ás veces moi ás caladiñas, como con medo–, que o fume expelido polos e polas fumadoras, en calquera das modalidades, favorecía a transmisión do virus. Unha vez que llo ouvimos aos especialistas, resulta doado decatarse de que é unha verdade das que cae de caixón: o fume expulsado leva minúsculas gotas respiratorias que se expanden polo entorno de quen o expulsa, a unha distancia maior, é evidente, que a da saída natural do ar.
Sabido isto, non daba entendido como as autoridades non facían nada a respecto da prohibición de fumar no caso de haber persoas próximas, como é o caso de moitas das vías públicas a determinadas horas e das terrazas. Que pasa aquí?, preguntábame. Ata que, por fin, e non foi sen tempo, apareceron as primeiras disposicións ao respecto. Saudeinas con toda alegría, ata que parte dela se veu abaixo cando lin no texto da orde da Consellería de Sanidade que se poderá tirar a máscara para fumar cando se poida garantir, en todo momento, a distancia de dous metros con outras persoas.

Ambigüidades medrosas

Te puede interesar