Acordos

Como teño previsto pasar uns días fóra da casa escribo estas liñas pouco despois de que se fixese público o documento Coalición progresista. Un nuevo acuerdo para España, que, naturalmente, lin coa debida atención, mais, aquí e agora, non vou facer comentario ningún sobre o mesmo. Tempo haberá. Do que si quero deixar constancia é dun par de cousas. A primeira que, como xa dixen máis dunha vez no noso Diario, tería preferido un goberno do PSOE respaldado por un acordo programático, que podería ter sido este mesmo, e a segunda que, malia iso, me satisfaceu -agardo non ter que lamentalo- que, por fin, se teña chegado a asinar un acordo, feito nada doado no territorio no que nos movemos. Agora resta que as forzas políticas que subscriben o documento consigan os apoios necesarios para poder conformar o goberno que o poida botar a andar, aínda que sexa tendo que seguir escoitando tantas memeces como as que nos levan quentando os ouvidos desde que se coñeceron os resultados electorais. Ladran...
Deséxolles un bon ano. 

Acordos

Te puede interesar