acatás

Case que chegaron a doerme os ouvidos de tanto escoitar durante o tempo que durou o estado de alarma que este suprimía liberdades e invadía competencias das autonomías. Todo era un auténtico desastre por mor desas medidas que eu entendia imprescindibles, máxime cando tiña o total convencemento de que as cousas ían estar peor se fosen os gobernos autónomos os que tomasen as decisións. Penso que o tempo me deu a razón, e agora estase a facer peor o que antes se fixera mal. Co agravante de que os que están a decidir seguen a atribuirlle as culpas aos que antes decidiran, ademais de lles esixir protocolos únicos para todo o Estado. En que quedamos?
A falta deses protocolos é o que está a servir de escusa para tapar a nefanda actuación da Xunta con vistas ao inicio do curso escolar. Teñen as competencias en exclusiva, mais a culpa de como están as cousas non é deles.

O cutre protocolo que a Consellería de Educación distribuiu acabando xullo non hai por onde collelo. E aínda así, nin se vai poder cumprir na maioría dos centros. Con todo, non é o definitivo, xa que este non se vai coñecer antes do 7 de setembro. Como antonte dixo o presidente Feijoo, vai depender do que se acorde co Ministerio.

acatás

Te puede interesar