Vamos polo Primario!

así, dese xeito, con este imperativo preñado de optimismo, faise un apelo á sociedade solicitando a súa implicación na construción dunha escola de primaria en Neda na que os pícaros e pícaras poidan, mergullados entre fonemas, letras, cancións e historias, medrar e coñecer a lingua e cultura propria da Galiza. Ven esta iniciativa precedida polos centros de imersión lingüística de educación infantil en Lugo, Compostela, Vigo e Trasancos.
Alén desta consideración, esta iniciativa expresa con absoluta claridade dúas cuestións: a escola pública fracasa no obxectivo de transmitir a lingua e cultura galegas e que, a pesar de todo, aínda fican sectores sociais con capacidade para reaxir e procurar solucións que vaian alén do discurso da denuncia.
E co xiz entre os dedos e randeándose na punta dos pés alguén escribiu no taboleiro... Vamos polo primario ! para garantir mil primaveras máis para a nosa lingua. 
 

Vamos polo Primario!

Te puede interesar