Tripando o camiño

o parabenizar a  aqueles que cumpren anos faise, certamente, monótono, chegados a unhas idades. Se callar, por iso a idea de celebrar por decenios resulta beneficiosa para todos. E  velaí que o pasado sábado , vinme, con moita máis xente, partillando con  Carlos Moreira (Rojo) o seu sexto decenio.  
Resultou emocionante compartirmos o día con aquel que, desde moi novo, se comprometeu na loita contra a ditadura, no activismo sindical e, finalmente, a altura do 1989  no mundo empresarial . O seu compromiso coa nosa cidade e con un modelo empresarial acaído cos tempos, non deixa a ninguén indiferente. Certamente, para os que procuran na nosa comarca empresarios alén da categoría de “patróns” e que reflictan orgullo polo seu país e a súa cultura, o seu nome debe figurar na súa axenda. 
Na Frouxeira o luar debuxaba un pentagrama no que brincaba un alalá na voz de Manolo Bacallau. E o Atlántico deitábase no areal.
 

Tripando o camiño

Te puede interesar