SADA. ESPERANZA

Esperanza que se arrepón á frustración que provocouo incumprimento dun punto fundamental do contratopara a maioría dos cidadáns que apoiaron a En Marea: o non se ter constituído o grupo parlamentar galego en Madrid. Esperanza en que os dirixentes da coaligaciónresolvan esta cuestión, nas vindeiras eleccións xerais,doúnico xeito posíbel: sob o paraugas dun partido instrumental. E de que sexan quen de ver que a decisión que tomen vai ser determinante para a confluencia dun amplo espazo cidadá con capacidade de derrotar ao PP nas autonómicas. 
Esperanza porque aínda fican cidadáns que son capaces de manter vivo aquel proceso. Velaí a importancia da reunión das Mareas municipalistas (Mareas en Común) que aconteceu este sábado en Sada. Esperanza. Si. A pesar do grande desconcerto no que se atopan as esquerdasna Galiza. E da espesura da sebe brincan rechouchíos. Neste abril invernal.

SADA. ESPERANZA

Te puede interesar