Recuperarmos dereitos

Máis unha vez o sindicalismo soberanista galego, a CIG, convoca unha xornada de mobilizacións coa que pretende fixar a atención sobre as medidas máis negativas, para traballadores e pensionistas, aprobadas polos gobernos de M. Rajoy: as reformas laborais, da negociación colectiva e das pensións. Estas mobilizacións son, asemade, un apelo a aquelas outras centrais sindicais ( CCOO e UGT) para que sumen as súas forzas ao obxectivo de derrogar as devanditas reformas. 
Este horizonte, unha vez aprobada a moción de censura, preséntase como alcanzábel, polo menos en aspectos moi significativos, dado que no parlamento español hai proposicións de lei aprobadas, que ían nesa dirección, bloqueadas polo goberno do PP.  
Recuperarmos dereitos é posíbel no momento político actual e sería incomprensíbel que as organizacións sindicais non tiraran beneficio para amplos sectores da nosa sociedade. Por certo, os máis agredidos.
 

Recuperarmos dereitos

Te puede interesar