E a pesar de todo...

O resultado das eleccións do 25-S pon enriba da mesa cuestións que, necesariamente, van marcar a axenda dos grupos políticos. Por unha banda, a vitoria do PP sitúa a Feijoo como a alternativa máis sólida para a candidatura a presidente do goberno español. Nada impediría a súa candidatura de se celebraren as eleccións xerais e deixaríalle ao seu substituto un parlamento controlado e tempo de abondo para se consolidar.
Por outra banda, En Marea sitúase nunha profunda crise, que máis cedo que tarde, se ha visualizar. O fracaso do obxectivo de derrotar ao PP reflicte que o instrumento creado ad hoc non é o acaído. E, xa que logo, abre na esquerda galega , a necesidade da construción desa nova ferramenta para o s.XXI, lonxe de estruturas frontistas e de discursos guerracivilistas.
...O meu paporroibo segue brincando entre as ramallas do meu pexegueiro.

E a pesar de todo...

Te puede interesar