PARALELISMOS

O obxectivo de facer irrelevante o papel da “periferia” (bascos, cataláns ou galegos) á hora da reforma constitucional precisa do concurso de PP-PSOE-C’S – Podemos. Non é nada novo, aconteceu na primeira transición con UCD/PSOE/PCE/CD (coa relativa influencia da burguesía catalá). Un outro paralelismo, este no ámbito do discurso da radicalidade: no 75 o PCE defendía a ruptura, república (Santiago Carrillo anunciaba a Juan Carlos I como “el breve”), dereito de autodeterminación... para logo  ser un dos alicerces do réxime. Na actualidade a viaxe de Podemos cara posicións reformistas supuxo o sacrificio da proposta dun proceso constituinte, república (un rei espido, dicían), UE, OTAN... E trasladar a solución  á cuestión nacional( territorial, din) ad Kalendas graecas. E, como daquela, este asunto será un dos temas centrais (nunca deixou de ser). E o teu alalá, Suevia, rematará en alborada.
 

PARALELISMOS

Te puede interesar