Na porta da mámoa

pasado xoves  ollei con agrado, desde a cristaleira do Derby,  na Compostela inesquecíbel, unha nutrida manifestación de estudantes  reivindicando, entre outras cuestións, un ensino público galego e de calidade. Chamaron  a miña atención dúas cuestións:  por unha banda,  a consigna “queremos estudar e non emigrar”  que une a reivindicación estudantil coa do mundo do traballo “queremos traballar e non emigrar”.  E, por outra, o paralelismo do nome  da organización estudantil que asinaba a pancarta da cabeceira, Erguer, co ERGA dos anos 70/ 80, escola de lideres nacionalistas protagonistas de fins de s.XX. 
Eís o nexo:  ambas xeracións sufrimos, desde finais do século XIX,  as consecuencias dun fracaso colectivo que reflicte a necesidade de políticas e políticos  centrados no noso país. 
 Neste amencer que asomou rebuldeiro,  a cerdeira vestiuse de primavera. E alentou un refacho de esperanza.
 

Na porta da mámoa

Te puede interesar