Metáfora

O pasado sábado acompañei a Fundaçom Artabria na homenaxe ao Ricardo Carvalho Calero   poeta, dramaturgo, lingüista ...  O ato tivo lugar fronte no que nalgún tempo foi a súa casa e hoxe é unha ruína. O Vitor Santalla lembrounos que,  desde hai máis de dez anos,  se ven denunciando que ven  “apodrecendo e caíndo aos pedazos”.  E que  desde 1991 distintas entidades de Ferrol  veñen pedíndolle aos  gobernos municipais, de todas as cores, que asuman a súa restauración. Os resultados están a vista: unha ruína. 
Metáfora dun país que esmorece, que paseniñamente se engurra  no aquén e se perde  nas  rúas de calquera cidade de calquera país...  E a pesar de tanto desleixo,  don Ricardo segue a dicir aos catro ventos que “Ferrol integrado na Galiza e no universo está sempre presente na minha vontade, no meu espirito e na minha emoçom” 
Son ás 00,00 horas. Unha hora menos en España.  As gaiolas non son para os paxaros.
 

Metáfora

Te puede interesar