E de Galiza, seica, tamén foxen...

Entre o 2013 e  2016 “ fuxiron ” de Galiza 458 empresas. No que vai de 2017  fuxiron  99 empresas que supuxeron unha perda de 99 millóns de euros.  Atopámonos con empresas que desenvolven a súa actividade en Galiza  como a Citroen ou ENCE e, porén,  teñen o seu domicilio fiscal en Madrid. 
Eís unha  realidade sobre a que o goberno galego non expresou a máis mínima preocupación e, o que é máis grave, sen que tomara ningún tipo de medidas para cortar esta sangría. E esta indolencia devén máis grave, pois, á altura  do  2016 un informe do Foro Económico de Galicia alertaba desta situación e o economista González Laxe engadía que era “necesario seguir avanzando na rebaixa do prezo da enerxía, na achega de coñecemento e noutras medidas para evitar esa fuga, esa estampida de empresas”. 
Os acontecementos  proxectan a foto dun goberno  “soberbio” e agachado nunha maioría que carece dun proxecto para o país.
 

E de Galiza, seica, tamén foxen...

Te puede interesar