FIN DE CURSO

Olloa parella de pombos que fixeron das palmeiras do Concepción Arenal o seu fogar provisorio e un par de avións que algún alumno, con dotes para a enxeñaría aeronáutica, aterrou nas palmeiras.
Contemplo, abraiado, como as gaivotas, desorientadas ante a mudez da serea que marcaba o inicio e a fin do tempo de lecer, percorren unha e outra vez o patio na procura dos restosdas chopetadas que ao longo de nove meses atopaban. Escoito os saloucos que repousan no banco (cómplice de bicos primeirizo) que se abriga entre as ramallas do castiñeiro. E o silencio dono de aulas e corredores. Na pizarra alguén deixou un até setembro...
Remexo o café. Na TV metrallan a esperanza con FMI, BCE , Grexit... Observo a rúa desde  a cristaleira. A algaravía que, a gavelas, brinca das gorxas dos nosos pícaros e enche as rúas e prazas da nosa cidade, anuncia un  lume novo de ledas fogueiras.

 

FIN DE CURSO

Te puede interesar