Fagan política

Xestionen. Deixense de comedias e solucionen os [somos moi humildes e realistas] pequenos problemas que sufrimos os cidadáns deste Ferrol tan castigado nas ultimas décadas.
Xestionen. Esquezan a tentación de agachar as súas escasas realizacións na estratexia de destruír ao adversario. Borren presuntas liñas vermellas que so ocultan estratexias de parte, lexítimas, pero que nada arranxan no hoxe e no mañ a dos cidadáns. Negocien e acorden un novo goberno que arranxe rúas e camiños. 
Por favor, aínda fica tempo para que se poñan a traballar e, dese xeito, impedir que se perdan as exiguas ilusións que aínda teñen aqueles que deron o seu apoio a un modo de facer política distinto. Un xeito que esixe xestionar e resolver os problemas non o de multiplicalos. Ollen, se for posíbel, os rostros dos que están situados nas bancadas de en fronte, escoiten as súas palabras: están a dicirlles o que teñen de facer.
 

Fagan política

Te puede interesar