Facer política

A moción de censura presentada no parlamento do Estado por Podemos puxo de manifesto   tres posicións  no marco da coalición. A do proprio Podemos presentando esa iniciativa política sen ter realizado un traballo previo na procura dos apoios necesarios que a fixeran críbel. E, en consecuencia, que  algo obxectivamente visto como  necesario por unha maioría,  fique reducido a pura estratexia partidaria. Unha segunda , a resposta de COMPROMIS,  ateigada de intelixencia política que demostra que é posíbel  unha política de alianzas mantendo o perfil propio, sen deixar de ser un referente no teu territorio.  E unha terceira, a dos  5 deputados de En Marea  que se enrocan na insistencia  en demostrarnos que o que din os seus textos non é verificábel na súa práctica. E esta contradición pon en perigo o proxecto da construción  dunha ferramenta política galega e soberana que tan necesaria é para o noso país.
 

Facer política

Te puede interesar