viernes 7/8/20

E por aquí andamos

llando desde a borda do Gavito o admirábel picado dos mascatos, na procura de non sei ben que peixe, aló onde ferve a auga. Mirando de esguello para a punta da cana agardando o sinal de que o peixe picou ( hoxe andamos as cabras aló polos cincuenta metros). Pilotando o móbil polo facebook ( que o tempo no mar faise moi alargado cando non hai movemento). Tirando unhas fotos das contraluces que, a xeito de regalía, deixa o sol no leito que nos randea con morno balanceo...
Pola emisora os mariñeiros, que andan as luras, comunican que regresan a terra. Non hai peixe. Seica as augas están moi claras. O Lis , entre a algarabía de voces, di que pillou unha... Levanto o risón e poño rumbo a Foz. O sol agáchase tras o Pico da Lebre e deita na tona do mar un ronsel vermello que acompañamos.
E o mundo a reviravoltas co de sempre. E os de sempre a sufrir esas reviravoltas. O meu país continúa ao garete... 
 

Comentarios