E o Jofre

stourou en fervenza de emocións.  A túa voz Manolo Bacalhau, acompañada do coro e músicos, fixo inesquecíbel a noitiña do sábado. Percorremos en vuelo, Manolo,  tempos que xa non son, pero que permanecen na memoria dunha xeración que conviviu coa dos seus pais anos de moita dor provocada pola emigración. Xeración que medrou no colo das loitas polos convenios e polas liberdades ( nacionais e individuais). Na túa voz  reivindicamos ao Ferrol ( Vello e de futuro), ao deporte cargado de compromiso social (opa, Portuarios!) e ollamos a santa compaña (que orgullosa baixou de Canido) emocionada.  O sábado non cantaches tu, Manolo. Cantou, emocionou e aplaudiu Ferrol.Obrigados, Manolo, por proxectar no pentagrama da historia ese Ferrol mestizo de Gran Sol, Havana,  Bos Aires e Lisboa...  Ese bocadiño de mundo que somos nós.  
Acharemos, Manolo, no xardín todo aquilo que sempre amamos... E non teremos medo de naufragar. 

E o Jofre

Te puede interesar