viernes 7/8/20

Dos libros de texto e dos premios

A Anele (asociación de editores de libros) denunciou que a causa do encarecemento dos libros e material escolar radica na diversidade normativa e idiomática. Ocultan que o encarecemento débese máis a prácticas polas que foi multada pola CNMC con 33,88 millóns e deberían, por exemplo, ollar cara a Suíza onde ,segundo o cantón , os libros de texto están en francés, alemán ou italiano. 

Ao mesmo tempo, o M.E.C impide optar aos Premios Arquímedes aos traballos escritos en calquera outra lingua que non sexa o español. Descoñecemos a razón científica que ten como base que o principio de Arquímedes expresado deste xeito “un corpo total ou parcialmente somerxido nun fluído en repouso, recibe un impulso de abaixo cara arriba igual ao peso do volume do fluído que desaloxa” non sexa merecedor de premio. 

Velaí dous apontamentos que reflicten a incapacidade de integrar aos diferentes nun proxecto unitario.

Comentarios