viernes 7/8/20

Do cambio climático

O dia mundial do medio ambiente ven precedido, máis unha vez, por campañas informativas arredor do cambio climático. Os síntomas de que xa está acontecendo son evidentes  e a preocupación social vai en aumento. No Acordo de París a comunidade internacional marcou como obxectivo reducir as emisións de gases para limitar a subida da temperatura aos 2º C. 

Porén, a retirada deste acordo dos EEUU, anunciada por Trump,e o incumprimento por outros países provocará que no 2100 se acaden 3,2º C. As consecuencias recóllense no informe presentado pola ONU o pasado marzo na IV asemblea do PNUMA en Nairobi: desxeo do Polo Norte, aumento das mortes pola contaminación do ar,  desertización de amplas extensións do planeta... 

E a este proceso ponlle data: 2050. Xa que logo, vostede, probablemente, sufrirá as consecuencias dun modo de vida que ameaza con destruír o planeta. 

E o pardal fica pendurado dun interrogante. 

Comentarios