viernes 7/8/20

De ruínas e esperanzas

Na homenaxe que a Fundación Artabria adica a Ricardo Carvalho Calero, coincidín co Dobarro, a Isabel, o Xan, a Pin, o Bernardo Cuétara e ducias de ferroláns que, en palabras do Xende Lópes, “cada ano... nos juntamos aqui, primeiro ao pé da casa e depois ao pé das ruínas da casa da rua Sam Francisco”. Se callar, este compromiso incumprido explica as ausencias de representantes institucionais e líderes políticos no acto deste ano.

Continuou o Xende, con palabras carregadas de emoción, reivindicando “o papel cívico e político como luitador antifascista” de Carvalho. E rematou denunciando que “da mesma forma que a casa natal de Carvalho, a nossa língua deteriora-se cada ano sem que sejam tomadas as medidas necessárias para a sua recuperaçom”. Na república de Mañente as cerdeiras anuncian primavera. E o merlo, co rabo ergueito, asubíalle ao solpor. Na barra, o vento do Cabo e o mar de fondo despiden á invernía.

Comentarios