De moi lonxe

o Nunca Máis do Prestige ao Blue Star destes días van máis de 17 anos e nos cantís de Ares están varadas as medidas demandadas daquela. E corenta anos da “reconversión naval encallada no fracaso  do Comité Ferrol  Futuro (1986), Mesa para estudar a rexeneración de Ferrol ( 1987),  ZID, Plan Ferrol...”. 
A esixencia de solucións ven de moi lonxe. E a pegada do nacionalismo sindical e político aboia en moitas delas. Eís a presentada polo deputado Pepe Díaz o 26 de abril de 2005 no Parlamento galego (aprobada por unanimidade) na que se instaba “á Xunta de Galiza a levar a cabo as negociacións necesarias co goberno central orientadas a impulsar e promover conxuntamente a reindustrialización e diversificación das comarcas de Ferrol, Eume e Ortegal”. 
As mobilizacións destes dias reflicten  a nula xestión,  durante decenas de anos,  dos gobernos de Compostela e o escaso peso político en Madrid.
De lonxe. De moi lonxe...

De moi lonxe

Te puede interesar