De actores relevantes

Abraio.  O que provocou a aparición da veterana deputada Yolanda Díaz na escena cualificando como escasamente intelixente a decisión do consello nacional de EM á hora de elixir á súa coordinadora nacional sen contar cos, segundo a súa opinión, os “actores máis relevantes”.  Non aclara a política que criterios son os que determinan esa “relevancia” nin quen son “os actores”.  Desafección.  As declaracións de dirixentes discrepando ( incluídos alcaldes con unha xestión  nas súas cidades discutida e discutíbel) da elección de Villares como portavoz de EM. Rexeitamento.  O non ter os discrepantes desmentido as afirmacións de Villares negando exclusións na elección.  Ás veces un chega a pensar que  alcaldes e deputados non teñen muito do que se preocupar...
 Porén, e a pesar deles ( engado), as cerdeiras están no meu Mañente mariñao anunciando fartura. E a merla a sorrir...
 

De actores relevantes

Te puede interesar