viernes 7/8/20

Das pensións (1): Long Hope

 marcha da CIG en Compostela na defensa das pensións públicas evidenciou o feito diferencial da Galiza tamén neste tema. E un paradigma é a actuación do Estado en canto aos emigrantes retornados: nuns casos actúa con medidas fiscais discriminatorias e noutros desenténdese do problema deixándoos ao garete.
 O caso Long Hope é un exemplo. A altura do 1957 Noruega procurou na Galiza man de obra especializada para a súa mariña mercante. Logo de anos traballados o Estado noruegués négase a recoñecerlles unha pensión aos mariñeiros galegos. E o Estado español desentendeuse até hoxe do problema. Porén, após unha loita mantida no tempo, os afectados, uns 12000, lograron que os vindeiros 12 e 13 de febreiro teña lugar en Noruega un xuízo. Eís aos cidadáns procurando pola vía xudicial o que debería xestionar o Estado español. 
 E fomos ficando SOS, o mar, o barco e máis nós, en palabras do poeta Manuel Antonio.

Comentarios