Daquelas outras cousas

Gosto de escribir hoxe. E non, precisamente amigo Celso, por non haber asuntos graves, urxentes e comprometidos. Mais, aconteceu que ruando hoxe pola cidade, esta lembroume que estamos ás portas do Nadal e dun novo ano. E á altura do Concepción Arenal ollei o bulebule dos alumnos e cavilei no ocupados e preocupados que estarían os profesores coas correccións de exames e avaliacións. 

E, no banco a carón das camelias, unha parella saudábase con un beixo cargado de esperanza. Certamente, os vagalumes que atravesan e envolven rúas e prazas fican aboiando na soidade até que os falares e murmurios dos estudantes se derramen por elas. E tiren cómplices sorrisos aos que temos un longo camiño andado. 

Un gorrión (desde a póla do bidueiro) sinaloume o Almirante. E alí, arredor do caf , amigo Celso, apreixei, entre as miñas mans, o tempo. O meu tempo... Pola cristaleira esvaran innúmeras pingas de auga.

Daquelas outras cousas

Te puede interesar