E dálle que dálle!

Unha e outra vez a repetir que as pensións públicas non son viábeis. Que hai de asumir un recorte na súa prestación. Até a miseria. E que é inevitábel  a súa privatización porque o Estado non da asumido o seu custe.  Porén, o problema das pensións non está no gasto que supoñen  (10,5% do PIB, inferior ao de Portugal ou Francia) se non que está nos ingresos. E estes é sabido que os hai que buscar subindo os salarios, reprimindo a fraude dos pagos en negro ,obrigando a  cotizar á seguridade social aos que cobran máis de 3.751euros... E financiándoas, tamén, cos orzamentos do Estado.Se callar,  isto último parécelle excesivo. Pois saiba que con cargo aos orzamentos do Estado páganse os gastos da Casa Real, os do exército e os da Igrexa católica.No cómaro do prado fica o raposo, sentado, co seu fociño ao sol, ventando, entre as raiolas, quen sabe o qué. E o galo de Colete cántalle ao solpor. 
 

E dálle que dálle!

Te puede interesar