Da (des)memoria

No manifesto en contra do franquismo nas forzas armadas asinado por un grupo de militares reivindicase, entre outras cuestións, que no Arsenal de Ferrol os nomes que exaltan á ditadura sexan substituídos por militares demócratas. 

Sorprende, positivamente, esta sensibilidade dos militares e, porén, causa estupor que no concello de Valdoviño o Almirante Pedro Fernández Martín teña dedicada unha rúa. Foi, o almirante, valedor do golpe contra a República e combatente, como membro da Kriegsmarine nazi, na II Guerra Mundial en Finlandia e no Báltico (o historiador Bernardo Máiz podería dar cumprida información).

 Arredor dun café na terraza do Derby, acompañados por unha tarde primaveral e o rebumbio da xente, o Carlos Moreira deixou no ar unha pregunta que agarda resposta: como é que os partidos con presenza no concello de Valdoviño non corrixiron esta anacrónica situación? (Des)memoria... Valdoviño!

Da (des)memoria

Te puede interesar