AGORA É O MOMENTO

A convocatoria feita polas plataformas “Iniciativa pola Unión”  e o “Encontro por unha Marea Galega” aos partidos que se moven no ámbito do soberanismo e a creba democrática na Galiza é un feito moi relevante que sitúa o foco, máis unha vez, na consecución da  candidatura galega. Os distintos actores deberán definirse dado que todos xa expresaron que estaban por unha candidatura galega. Os dirixentes dos partidos implicados erran se pensan que se pode enganar a ese amplísimo sector que está por un proceso unitario que poña os intereses dos galegos por riba de estratexias de parte. E de fracasar, aqueles que  fixeron da horizontalidade, mestizaxe e unidade a súa marca de identidade deberán explicar o por que, agora que todo está a prol desa candidatura unha vez que os que puñan liñas vermellas  expresaron a súa decisión de sumarse. No souto tres corzos apuran as castañas. O mar de fondo derramase en salseiro na barra. 
 

AGORA É O MOMENTO

Te puede interesar